Transparencia

[ACTUALIZACIÓN]

Contas do Grupo Municipal de Veciñanza dos anos 2017 e 2018

Esta é unha convicción de base para Veciñanza. Vén intimamente ligada ao Código Ético do que se dotou a asemblea e, afortunadamente, vaise asentando cada vez con máis firmeza nos tempos que corren.

As contas de Veciñanza son absolutamente transparentes e velaquí as publicamos, a disposición de todos e todas. Veciñanza non se financia por medio de créditos bancarios nin recibe doazóns empresariais que poidan determinar o rumbo das decisións. A única suxección fíxase cos intereses dos veciños e veciñas de Cuntis.

No sucesivo, os ingresos que lle corresponden aos nosos concelleiros/as por asistencia a plenos e comisións serán cedidos integramente á asemblea de Veciñanza para o seu financiamento. En ningún caso ingresarán nin un só céntimo polo exercicio da representación pública que asumen.

INGRESOS


Achegas individuais e voluntarias dos/das integrantes da Asemblea de Veciñanza

  • 550’00 euros

Subvención electoral

  • pola obtención de dous concelleiros/as (270’90 € por representante electo): 541’80 euros
  • pola obtención de 672 votos (0’54 € por voto): 362’00 euros
  • límite da subvención (0’11 por nº de habitantes de Cuntis): 542’41 euros

 

TOTAL INGRESOS: 1092’41 €

GASTOS


Gastos xerados antes do comezo da campaña electoral:

  • cartelaría: 212’96 €
  • globos: 171’43 €
  • correos: 126 €
  • megafonía: 40’00 €
    • Total: 550’39 euros

Gastos xerados en campaña electoral

  • papeletas e sobres electorais: 180’00 €
  • carteis electorais e dípticos do programa: 359’97 €
  • gastos bancarios: 1’80 €
    • Total: 541’77 euros

TOTAL GASTOS: 1092’16 €